miércoles, 8 de septiembre de 2010

Vento rolón

O trascurso da regata do 5 de setembro que disputou o grupo 2 estivo marcada pola falla de vento. Sobre todo a primeira manga, onde o vento pola súa ausencia, aleatoriedade e variabilidade voltou tolos os nosos regatistas. Mentres estiveron preparando os barcos nas inmediacións do clube habia un vento estupendo e a mar chea de algodóns, pero pouco antes de baixar o último deles o vento comezou a perder forza ata voltarse frouxo e variable.


A saída foi patetica, velas desinchadas, lanas caidas e os barcos mecidos polas olas. É certo que o ridiculo sempre é o xermén do humor e en cada parón os tripulantes se vacilaban uns os outros ou facian chistes malos da situación.


Despois do primeiro parón apareceu un pouco de vento sin dirección claramente definida, que nos levou a deixar a primeira boia atras con Manuel e Julia en primeira posición, seguido de Pablo e Manuel. Estes optaron en facer dous longos de través, mentres Manuel e Julia optaban pola liña recta, navegando con vento de popa. Esta decisión deixou a Pablo e Manuel alonxado do resto cando o vento perdeu forza ata pararse. Cando voltou o vento chegou primeiro os que seguian esa liña imaxinaria entre a voia de barlovento e a de través, voltando a arrancar Manuel e Julia e seguindolles Maria e Ines, Carlos e Tesi. Algo despois chegou a Pablo e Manuel, que estaban fora desa liña, un pouco máis alonxados e os relegou o cuarto posto.


Os tres primeiros equipos ian seguindose mutuamente intercambiando as súas posicións, e máis lonxe Pablo e Manuel e pechando a manga Alejandro e Raúl. Pero o que o vento te da o vento cho quita. Nun dos paróns de vento deixou a Manuel,Julia, Maria, Ines, Carlos e Tesi a la par e sin arrincada. En cambio ese vento puxou o barco de Pablo e Manuel, eliminando a ventaxa que tomaran na primeira manga, quedando os catro barcos cunha diferencia de media eslora. Quedaba facer a trasluchada na terceira boia e o tramo final. Maria e Ines ian polo interior e aproveitaron a ventaxa que lles daba esa posición. Julia e Manuel cruzaron a meta despois do equipo femenino, seguidos de Pablo e Manuel que non poideron sacar máis tallada da remontada. Carlos e Tesi pecharon o pelotón. Un pouco descolgados, cruzaron Alejandro e Raúl.


Na segunda manga apareceu outra vez o vento o cal lle quitou aletoriedade o transcurso da proba. Julia e Manuel aproveitaron esto e se marcaron unha victoria que lles permite tomarse con certa tranquilidade as seguinte dúas mangas e os consolida como firmes candidatos para pasar a final.


Os secundaron Pablo e Manuel que pelexaron duramente con Carlos e Tesi ata o final da manga. Cuartas acabarón Maria e Ines que non estiveron en ningún momento na pelexa.


Por último como mención especial cruzarón Alejandro e Raúl, que no seu debú conseguiron acabar, e que a pouco que vaian collendo man, pronto estarán no medio da loita dando guerra.


EquipoManga 1Manga 2Total
Manuel e Julia213
Maria e Ines145
Pablo e Manuel325
Carlos e Tesi437
Alejandro e Raúl5510

No hay comentarios:

Publicar un comentario