lunes, 6 de septiembre de 2010

Branco e Negro

A primeira regata do Campionato de Vela do Naútico Cobres estivo determinada polos resultados moi brillantes para uns participantes e moi malos para os outros. O grupo 1 estaba convidado para esta cita, onde tivemos un vento forte de compoñente sur, ideal para regatear e disfrutar dunha tarde estupenda.

Branco foi para Carlos e Antón que sairon ben nas dúas mangas, estiveron sempre por diante, liderando as dúas mangas dende o sinal de saída. Non tiveron rival, solo Benito e Cibrán foron capaces de seguilos na primeira manga, pero non cometeron ningun erro obtivendo o primeiro posto nas dúas mangas.

Tamén Xabier e Silvia tiveron unha boa tarde, con dous segundos postos. Sairon moi ben na primeira manga e mal na segunda. Pero a sua baza foi non cometer erros o que lles permitiu aproveitar os tropezos dos demais. Branco.

Negro foi o fin de semán para Xavi e Jesús cun barco que lles resultou moi difícil de levar por un foque máis grande do regramentario. Por iso, na trasluchada da terceira boia, volcaron. Esto non lles permitiu acabar a primeira manga. Na segunda manga, estiveron na segunda posición ata o final, cando outra vez na terceira boia tiveron unha mala maniobra. Xabier e Silvia lles adiantaron e tiveron unha dura pelexa ata cruzar a liña de meta onde pasaron, por media eslora, diante de Xavi e Jesús nun emocionante final.

Benito e Cibrán tampouco tiveron o seu fin de semán. Sairon moi ben na primeira manga, despois de Carlos en Antón. Se mantiveron nese posto durante a primeira volta e parte da segunda. Pero se trabucou de boia de meta, o dirixirse ata a zodiac cando estaba asistindo a Jesús e Xavi, en vez de dirixirse a boia de saida-meta. Este erro lle costou o segundo posto que mantiverán durante toda a manga. Pero a súa desgracia non acabou nese percance, no tempo de espera entre manga e manga, nunha trasluchada o soporte do pinzote da botabara doublou, imposibilitando continuar a sua participación na segunda manga, forzandoos a abandoar. Negro.

Esto deixa o camiño ata a final alisado para Carlos e Antón e moi favorable para Xabier e Silvia. Peor o teñe Xavi-Jesús e Benito-Cibrán que están obrigados a gañar e que os seus rivais teñan peores resultados.

EquipoManga 1Manga 2Total
Carlos e Antón112
Xabier e Silvia224
Benito e Cibrán358
Xavi e Jesús538

No hay comentarios:

Publicar un comentario