martes, 14 de septiembre de 2010

Sin titubeos

María e ines se clasificaron en primeiro lugar, con aplastante autoridade, nesta segunda regata clasificatoria do grupo 2 disputada o sábado 11 de setembro. Os outros clasificados foron Manuel e Julia que firmaron unha gran actuación, mostrandose moi sólidos en todo momento.

O encontro estivo animado pola aparición doutra tripulación, Guillermo e o seu fillo Sandro, que viñan a cubrir o oco deixado por Carlos e Tesi. Esto abría un pouco máis o resultado, xa que Guillermo é un navegante de nivel, experimentado e curtido en mil batallas, e nos deixou evidencias da súa clase.Tamén e de destacar a pouca intensidade do vento, que marcou as diferentes estratexias da proba.

A primeira regata estivo marcada pola remontada de Maria e Ines. Sairon mal xa que un problema coa driza do foque lles obligou a ir a terra a intentar solucionalo, o cal non lles permitiu estar ben colocadas no momento da saida. Nesta Guillermo e Sandro sairon con ventaxa seguidos de Alejandro, que ese día estaba acompañado de Alicia. Un pouco máis rezadados saíron Pablo (acompañado de Xabier) e Julia e Manuel

O paso pola boia de barlovento tiveron como protagonistas a Manuel e Julia, que con Guillermo e Sandro o par deles pasaron nos primeiros lugares. Esta loita se mantivo todo o tramo de empopada, saldandose con ventaxa para Guillermo e Sandro, despois da trasluchada na terceira boia.

Despois pasaron Alejandro e Alicia, seguidos de Maria e Ines que xa se cobraran a primeira víctima: Pablo e Xabier. Estes últimos tiveron mala sorte co barco, tiña unha vela que non se axustaba ben e non cinguia correctamente. Alejandro e Alicia forón a os seguintes que lle derón caza Maria e Ines. No tramo de popa lles superaron con claridade despois de comerlles a ventaxa que levaban.

Coas fauces cheas de sangue, lanzaronse a pola seguinte presa, reducindo distancias no tramo de través. Pero foi no tramo de cinguida onde lanzaron o seu ataque definitivo superando a Manuel e Julia e Guillermo e Sandro, trofeos que non saciaron a sede de victoria que tiñan as nosas campionas

Guillermo e Sandro foron os segundos no tramo de cinguida, non moi lonxe de María e Ines, esperando un erro que núnca chegou. Terceiros pasarón Alejandro e Alicia, que recuperaron unha posición superando a Julia e Manuel. Julia e Manuel non baixaron os brazos e os perseguiron ata darlles alcance no último tramo, pouco antes da meta, completando unha boa actuación. A Alejandro e Alicia se lles escapou o terceiro posto por moi pouco, pero se notou melloria con respecto o seu debut. Pablo e Xabier tiberon a súa loita particular co seu barco chegando nun orgulloso quinto posto.

Na seguinte manga Maria e Ines non deron opción. Sairon mellor colocadas e pasarón a boia de barlovento en primeira posición. Posición que xa non abandoarían nunca.

Por detrás pasarón Sandro e Guillermo seguidos de Manuel e Julia. Estes tiveron unha interesante loita que se saldou con Julia e Manuel por diante no terceiro tramo. No tramo de cinguida fixeron oco o cal lles permitiu obter un meritorio segundo posto

Alejandro e Alicia pagaron prenda o intentar cinguir demasiado na boia de barlovento na primeira volta, estiveron a piques de pasar segundos esa boia, pero ese erro os relegou a cuarta posición. Recuperaron un posto no segundo tramo de cinguida, pasando a Sandro e Guillermo. Pero estes no último tramo, nun apretado final conseguiron recuperar a terceira posición por media eslora escasa.

Pablo e Xabier non conseguiron sacar mais do seu barco, quedandose co quinto posto e quedando a espensas da puntuación do terceiro do otro grupo. Con dez puntos de penalización, os que optan o terceiro posto no outro grupo so dependen de si mesmos, si penalizan menos.


Felicidades os clasificados





EquipoManga 1Manga 2Manga 3Manga 4Total
Maria e Ines1(4)113
Manuel e Julia21(3)25
Pablo e Proel325(5)10
Guillermo e Sandro5(5)2310
Carlos e Tesi435(5)12
Alejandro e Raúl5(5)4413

No hay comentarios:

Publicar un comentario