Antes de comenzar a regata do domingo 12 de setembro na que participaba o grupo 1 xa se sabian clasificados o equipo de Antón-Carlos e Xabier-Silvia, esto debiase os resultados do grupo 2, máis concretamente pola puntuación do terceiro clasificado con 10 puntos. Tamén facilitaba a posibilidade de clasificarse os equipos de Xavi-Jesús e Benito-Cibrán si penalizaban menos que o terceiro do grupo 2.
A regata estivo marcada polo forte vento do norte e pola localización das boias. Para poder realizar a proba se colocaron moi preto de terra case pegado o clube, para aproveitar o abrigo de terra. Nunca se poido apreciar mellor dende terra tan ghrande espetáculo!
Na primeira manga Antón e Carlos sairon moi ben, seguidos de Manuel e Lucía. O tramo de cinguida foi moi interesante nas dúas voltas, xa que había que aproveitar as cales de vento que formaban as edificacións e arbores de terra. Esto formaba uns carriles de vento que habia que ir collendo para chegar a boia de sotavento. Nelo estiveron Xavi-Jesús, Antón-Carlos e Manuel e Lucia, pelexando duramente para acadar esa boia. Os que primeiro pasaron foron o dúo Xavi-Jesus seguidos de Manuel e Lucia, con Antón e Carlos moi preto.
Estas posicións non cambiaron no tramo de popa e de través, pero se reduciron distancias o intentar trasluchar Xavi e Jesús na terceira boia, cando cargaba máis o vento foro o agua. Adrizaron o barco moi rapidamente, non perdendo o primeiro posto, pero esta situación a aproveitaron Manuel e Lucia para botarselle enriba no segundo tramo de cinguida.
O segundo tramo de cinguida foi unha repetición do primeiro, cos tres equipos protagonistas pelexando por chegar a boia que estaba situada xusto diante do edificio do Clube Naútico Cobres. Esta vez Antón e Carlos pasaron primeiros, seguidos de Manuel e Lucia, con Xavi e Jesús moi preto. Os tres equipos administraron as ventaxas de hai a meta intentando non cometer erros, sobre todo na boia da trasluchada. E así foi, chegando nese orden a meta.
Por detras entrarían Xabier e Silvia, que firmaron unha discreta actuación o rematar cuartos, intentando non comprometerse dadas as condicións duras de vento nas que se disputaba a proba. Tamén pudo ter que ver nesa falta de tensión competitiva, que no quencemento antes da saida, Xabier se quedou sin proel o cair Silvia o mar.
A cruz foi para Benito e Cibrán que lles tocou o barco que no día anterior utilizarán Pablo e Xabier. O barco non estaba a punto, resultando ingovernable tanto o sábado como o domingo, obtendo os equipos que o utilizaron o último lugar de tódalas mangas que disputaron, desquiciando os membros do equipo.
A segunda manga parecia que ia ser un calco da primeira. Os tres equipos punteiros loitando polas primeiras posicións e os outros dous facendo o que podian. Despois dun disputado tramo de Cinguida pasaron Xavi-Jesús na primeira posición, seguidolles Manuel e Lucia, con Antón e Carlos preto. Pero na boia da trasluchada Manuel e Lucia volcarón cando ian en segunda posición, tiverón dificultades para adrizar o barco e abandoaron.
A partir dese momento Xavi e Jesús xa non tiveron problema para anotarse a manga, administrando a súa ventaxa. Antón e Carlos heredarón a segunda posición coa que cruzaron a meta. Os seguintes en cruzar a liña forón Xabier e Silvia, chegando na última posición Benito e Cibrán.
Con esto queda listo para sentencia o presente campionato cos equipos de Antón-Carlos, Xavi-Jesús, Xabier-Silvia do grupo 1 e Maria-Ines, Manuel-Julia do grupo 2. A final terá lugar o próximo sábado día 18 de setembro. Sorte para os finalistas.
Equipo | Manga 1 | Manga 2 | Manga 3 | Manga 4 | Total |
Carlos e Antón | 1 | 1 | 1 | (2) | 3 |
Xavi e Jesús | (5) | 3 | 3 | 1 | 7 |
Xabier e Silvia | 2 | 2 | (4) | 3 | 7 |
Manuel e Lucia | (5) | 5 | 2 | 5 | 12 |
Benito e Cibrán | 3 | (5) | 5 | 4 | 12 |
No hay comentarios:
Publicar un comentario