O sabor de boca que me quedou a mín foi que tódolos que participamos estabamos satisfeitos polo resultado do campionato.O certo e que todos poideron acariciar a victoria, sentir que en algún momento o campionato se podería decantar do lado deles. A clasificación final foi moi axustada e houbo a posibidade de que a clasificación podería rematar con un cuadruple empate a 5 puntos. Polo que a sensación de dalo todo, de non poder ser, pero estar cerca, conformou as espectativas da maioria.
O primeiro recordo que me ven da final e o de Xabier e Silvia, que despois de dunha tarde brillante, radiaban alegria, exultantes. Foron os que leeron mellor o vento no campo de regatas, encontrando a bordada optima para facer o tramo de ceñida, cun rumbo moi aberto e cunha soa maniobra de virada. Esto lles permitiu remontar posicións na primeira manga, onde nun inicio dubitativo lles retrasou un pouco. Na segunda manga sairon moi ben e coa mellor estratexia, conseguiron unha ventaxa importante antes de que o vento vaixara no tramo final da manga de intensidade, deslucindo o espectaculo e case obrigando a suspender a manga.
En frente tiñan rivales moi duros como Carlos e Antón. Despois da súa brillante clasificación, eran uns dos máis sólidos candidatos para levarse o campionato. Estiveron ben colocados nas dúas mangas o que lles permitiu situarse segundos na clasificación. Penso eu que só lles faltou un pouco de vento para poder brillar máis, como nas mangas clasificatorias. A eles tamén os vin moi contentos, e agradecidos polo seu segundo posto final.
Pese a actuación desigual, Julia e Manuel tamén me deron a sensación de poñer en valor o seu primeiro posto da primeira manga, sobre o seu último na segunda. Dende logo os campións o demostran gañando e perdendo, en nesta ocasión escapouselles unha oportunidade que parecia que se lles poñia en bandexa. Dominaron a primeira manga, tiñan un bo barco e daban moi boa sensación de cara a segunda. Pero unha mala saida na segunda manga desbotou tódalas súas posibilidades. Parecia que tiñan marxe para recuperar posicións, pero esa remontada non tivo lugar. Unha manga tonta a ten calquera.
A Maria e Ines tamén lles pasou algo parecido a Julia e Manuel, pero a elas a peor manga foi a primeira. Non estiveron moi inspiradas na primeira o poñer en práctica a estratexia, e non colleron o ritmo adecuado. Outro cantar foi na segunda, onde sairon máis enchufadas e cousa que lles valeu o segundo posto da segunda manga. Polas súas caras de deber cumprido, decidiron ver o vaso medio cheo
Os que peores postos obtiveron, Xavi e Jesús tamén tiverón a súa dose de satisfacción. Pese a que lles tocou o peor barco deste campionato, co cal xa tiñan claro que só podian aspirar os últimos postos, por non dicir o último. Pero eles foron quen de no último sprint sacarlle o cuarto posto a Julia e Manuel na segunda manga. Ese cuarto posto lles supo coma si gañasen o campionato, non tanto por deixar a Julia e Manuel atras, se non por conseguir un posto moi traballado e difícil. Quen non se conforma é por que non quere!
Rematamos a final, como ven sendo habitual, cunha terceira manga frente o prato e amarrados o garfo e o coitelo e botella de viño a man. Os que non poidemos navegar nas dúas primeiras, escalamos posicións na clasificación do campionato e soñando que no próximo nos seremos os campións.
Parabens os brillantes campións.
Clasificación final
Equipo | Manga 1 | Manga 2 | Total |
Xabier e Silvia | 3 | 1 | 4 |
Carlos e Antón | 2 | 3 | 5 |
Julia e Manuel | 1 | 5 | 6 |
Maria e Ines | 4 | 2 | 6 |
Xavi e Jesús | 5 | 4 | 9 |